Castellano /   Català /   English /   Euskera /   Francais /   Galego /  
Síguenos : Consulta : Blog

PANIFICADORA - Librería Bibliotecas Públicas

Buscar
Procura avanzada
PANIFICADORA
Título :
PANIFICADORA
Subtítulo :
Autor :
CID CABIDO, XOSÉ
Más información
Editorial :
XERAIS
Ano de edición :
1994
Materia
Novela contemporánea
ISBN:
978-84-7507-828-1
Páxinas :
144
Encadernación :
Otros
Idioma:
Gallego
Dispoñibilidade :
Baixo Pedido (Consultar)
14,35 € Comprar

Sinopsis

Haiwort, un oficinista, é chamado por Woolite, sub-xefe de persoal dunha gran empresa, para comunicarlle as causas que o poñen fronte ó abismo do despido... O percorrido de Haiwort na busca dunha salvación, o desexo de fuxir das ataduras oficinescas ou a neceside aparente de conservar o seu postiño de traballo, a procura e o encontro do terceiro personaxe principal da novela, máis o desenlace que isto provoca, velaí o argumento de Panificadora.
Cid Cabido acentúa e desenvolve o seu peculiar estilo evidencialista para poñelo ó servicio dunha dobre crítica ó que denomina " Modo de Corrupción Capitalista " . A voz do protagonista Haiwort, narrador da maior parte da historia, fai unha defensa consciente do ser humano e da natureza en oposición ós intereses das grandes empresas, atentas só a unha dinámica depredadora e productivista que impide ou lastra o reencontro do individuo cos demais e co seu medio natural.
En palabras do crítico e profesor de filosofía Francisco Sampedro,
Panificadora ás veces, discorre cinematograficamente, e de feito as alusións ás técnicas da sétima arte están presentes (soberbia a exemplificación do ' estupor ' no paralelismo entre o abre-pecha da neveira e do ascensor), pero onde penso que está unha das claves para dar conta da calidade do libro é nos mecanismos que Cid Cabido emprega na narración, e que non son outros que os mecanismos do soño: condensación e desprazamento, que son utilizados para metaforizar a condición humana no seo do que o marxismo denomina Late capitalismo
Empregando unha nomenclatura intencionada para crear un territorio narrativo despegado da realidade pero só destinado a pensala criticamente, Cid Cabido presenta, con humor corrosivo e moi coidada sonoridade da palabra, unha historia na que o principal é o ácido zume conseguido na maneira de contar.

Outros libros do autor

Titulo del libro
BLÚMSDEI
portada
BLÚMSDEI
CID CABIDO, XOSÉ
Titulo del libro
FÁLAME SEMPRE
portada
FÁLAME SEMPRE
CID CABIDO, XOSÉ
Titulo del libro
GRUPO ABELIANO
portada
GRUPO ABELIANO
CID CABIDO, XOSÉ
Titulo del libro
ORALMENTE POLA BOCA
portada
ORALMENTE POLA BOCA
CID CABIDO, XOSÉ
Titulo del libro
DÍAS CONTADOS
portada
DÍAS CONTADOS
CID CABIDO, XOSÉ

CESTA da CÓMPRA

0 Artigos 0,00 €
Base de datos de películas Base de datos de libros Recomendamos Recomendamos Banner1 Banner2