Castellano /   Català /   English /   Euskera /   Francais /   Galego /  
Síguenos : Consulta : Blog

MATEMOLA 1 - Librería Bibliotecas Públicas

Buscar
Procura avanzada
MATEMOLA 1
Título :
MATEMOLA 1
Subtítulo :
Autor :
NEUS ESCUDERO ANGLÉS; ROSER GENOVER HUGUET
Más información
Editorial :
EVEREST
Ano de edición :
2013
Materia
Ensino escolar en xeral
ISBN:
978-84-403-1246-4
Páxinas :
40
Encadernación :
Otros
Idioma:
Castellano
Dispoñibilidade :
Baixo Pedido (Consultar)
7,50 € Comprar

Sinopsis

Este é primeiro caderno dos seis que forman a colección "Matemola", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático.
Neste momento evolutivo, o neno sente a necesidade de observar, de explorar e de coñecer o seu medio. Para iso propoñemos, con este material, actividades que lle axuden a interpretar mellor esta realidade e a coñecela a través de observación e da representación.
Neste caderno iniciamos o proceso de adquisición da noción de "cantidade" a partir dos primeiros números da serie numérica e dos cuantificadores "un-moitos".
O concepto de "número" está moi relacionado coas operacións de clasificación e de seriación que, á súa vez, constitúen un dos aspectos fundamentais do pensamiento lóxico. Por esa razón, introducimos actividades de clasificación e de seriación a partir dun atributo (cor: vermella, amarela, azul e verde; tamaño: grande-pequeno), co fin de iniciar o alumnado no proceso de abstracción das propiedades dos obxectos.
As actividades que se propoñen no apartado de Xeometría, están encamiñadas a que o neno incorpore estas nocións abstractas e a que sexa quen de reproducilas e de identificalas (formas planas: círculo, cadrado; espazo: aberto e pechado).
Co obxecto de que o neno coñeza, analice e se relacione mellor co seu medio, introducimos as nocións espaciais (arriba-abaixo; dentro-fóra), as medidas de tempo (día-noite; moito tempo-pouco tempo) e as de capacidade (cabe-non cabe).
Ao final do caderno propoñemos un xogo individual de memoria e de atención, para repasar algúns dos principais contidos traballados.

CESTA da CÓMPRA

0 Artigos 0,00 €
Base de datos de películas Base de datos de libros Recomendamos Recomendamos Banner1 Banner2