Castellano /   Català /   English /   Euskera /   Francais /   Galego /  
Síguenos: Consulta: Blog

NO VENTRE DO SILENCIO - Librería Bibliotecas Públicas

Buscar
Búsqueda avanzada
NO VENTRE DO SILENCIO
Título:
NO VENTRE DO SILENCIO
Subtítulo:
Autor:
MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
Más información
Editorial:
XERAIS
Año de edición:
1999
Materia
Novela contemporánea
ISBN:
978-84-8302-369-3
Páginas:
192
Encuadernación:
Otros
Idioma:
Gallego
Disponibilidad:
Bajo Pedido (Consultar)
16,65 € Comprar

Sinopsis

Ao xeito dunha nova Casa da Troia, a coñecida novela de Pérez Lugín, No ventre do silencio recupera a historia dunha xeración de universitarios composteláns, no remate dos anos 50. Desta intención do autor dan fé as citas coas que se inicia a novela: ?Cada xeración deberá fabricar a súa cidade? (Antonio Sant´Elia) , ?Permitín á cidade entrar na miña mente? (John Barnie). O núcleo da trama xira ao redor das peripecias dos catro ?Troianos Redivivos? (Lobariñas, de Vilanova de Cerveira e Lisardo Leira Pazó de Ferrol, que vivián na pensión da rúa Troia 12, 3º; Príncipe de Ourense e Alberte Comesaña de Vigo, aos que se une o estudiante santiagués Luis Alvite, o Brétemas) e dos acontecementos acaecidos na Universidade Compostelana durante dous cursos académicos, que coinciden co levantamento nacionalista de Hungría en 1956.
No ventre do silencio, reconstrúe a memoria dunha época dominada polo escurantismo, o cheiro a incenso e o fanatismo político. Parodia e superación do xénero da estudiantina, é tamén unha novela de iniciación, de aprendizaxe nun tempo de silencio. Alén de mostrar os distintos estamentos sociais: universidade, igrexa, rancia aristocracia, clase media ilustrada, estrato popular ?leiteiras, costureiras, criados, prostitutas- ou a canalla fascista, No ventre do silencio refire a conformación dun novo pensamento nacionalista incardinado na tradición europea de J.P. Sartre, e afastado da orientación que ata daquela monopolizaba o galeguismo.
No ventre do silencio é unha novela sen concesións, rebordante de imaxes, sons e aromas. A extraordinaria riqueza das descricións, a evocación da atmosfera da época, a creación lucidísima de imaxes, as homenaxes literarias do autor (Dámaso Alonso, Torrente Ballester, M. Proust), a extensa galería de personaxes, o manexo de diversas técnicas narrativas, o dominio dunha linguaxe prodixiosa, fan de No ventre do silencio un dos cumes da narrativa contemporánea. Unha novela coral que pecha o século.

Otros artículos del autor

Titulo del libro
ESTIRPE
portada
ESTIRPE
MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
Titulo del libro
ARNOIA, ARNOIA
portada
ARNOIA, ARNOIA
MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
Titulo del libro
CONTRA MAQUIEIRO
portada
CONTRA MAQUIEIRO
MÉNDEZ FERRÍN, X. L.
Titulo del libro
AMOR DE ARTUR
portada
AMOR DE ARTUR
MÉNDEZ FERRÍN, X. L.

Cesta de compra

0 Artículos 0,00 €
Buzón de sugerencias Base de datos de películas Base de datos de libros Recomendamos ¿Cómo se compra? Recomendamos Banner1 Banner2